• 8S4M5148
  • lapa_de_gargantans_2
  • Milagros de Amil1
  • 8s4m6621
  • c.s.xusta1
  • rapa_07
  • Casa Cultura 1
  • C.Amil3
  • petroglifos de ardegán 1

Obradoiro lúdico-termal para persoas con discapacidade motora de calquera etioloxía


BANDO

DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA. FAI SABER:

Que a Deputación Provincial en colaboración co Concello de Moraña aprobou a concesión do “Obradoiro lúdico-termal para persoas con discapacidade motora de calquera etioloxía” subvencionada ao abeiro do Plan Concellos 2018-2019. O Obradoiro consistirá na realización dun circuito lúdico-termal a través dos baños nas piscinas termais, como medida preventiva e paliativa co fin de mellorar a calidade de vida, autonomía e mobilidade das persoas residentes no Concello de Moraña que presentan algún tipo de deficiencia motora de calquera etioloxía.

REQUISITOS:

  • Estar empadroado e ter residencia efectiva no Concello de Maraña.
  • Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e un informe médico coa debida prescrición facultativa que acredite que presenta algún tipo de deficiencia motora de calquera etioloxfa.
  • Non padecer enfermidades incompatibles coa actividade do obradoiro.
  • Carecer de contradición médica para poder recibir os tratamentos de balneario.

O obradoiro terá carácter gratuíto e será levado a cabo nas Termas de Cuntis dende o día 15 ó 26 de outubro de 2018, pola tarde en horario de 17 a 19 horas. A participación no Obradoiro será por orde de presentación de solicitudes ata acadar o número de prazas total concedidas.
Os interesados/as deberán entregar as solicitudes xunto coa documentación correspondente no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Moraría.

O PERÍODO DE INSCRICIÓN COMEZA O 27 DE SETEMBRO E REMATARÁ O 8 DE OUTUBRO DE 2018.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE.

Pódese descargar este bando en PDF aquí: BANDO OBRADOIRO LÚDICO TERMAL DISCAPACIDADE

Deja un comentario

El Tiempo en Moraña

Enlaces Destacados

Recollida Selectiva e Reciclaxe Centro de Investigación e Divulgación do Patrimonio Cultural Telefonos de Interese Plan Urbanístico Novo Plan Xeral Perfil del Contratante Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención de Drogodependencias Oficina Virtual do Oral Programa de Prevención e Redución do Abandono Escolar Plan Concellos DEPO 2018