• 8S4M5148
  • lapa_de_gargantans_2
  • Milagros de Amil1
  • 8s4m6621
  • c.s.xusta1
  • rapa_07
  • Casa Cultura 1
  • C.Amil3
  • petroglifos de ardegán 1

Suspensión de Actividades por la Crisis Sanitaria del Coronavirus


O Concello de Moraña suspende a Escola de Enerxía, a representación de “Soa” e as Escolas Deportivas Municipais

  • A charla enerxética programada para esta tarde e o espectáculo “Soa” fixado para mañá aprázanse e fixarase unha nova data tras esta crise.
  • O Concello tamén decidíu que as clases das sete modalidades deportivas para nenos de 5 a 16 nenos suspéndense dende hoxe.

O Concello de Moraña vén de decretar a suspensión da Escola de Enerxía e da representación de “Soa”, programadas para estes días no Edificio Multiusos, e tamén as Escolas Deportivas Municipais, que roldan os 300 participantes, pola crise sanitaria do coronavirus.
Así, a Escola de Enerxía, que se ía desenvolver esta tarde en colaboración coa Fundación Naturgy para asesorar no aforro enerxético ás familias, e o espectáculo “Soa” de Rogelia dos Outeiros, fixado para mañá ao serán e vencellado á programación do 8 de Marzo, aprázanse sine die e fixarase unha nova data para a súa celebración no futuro.
Nesta liña, o Concello de Moraña tamén decidíu que as Escolas Deportivas Municipais, que están a impartir clases de sete modalidades diferentes e que aglutinan a gran parte dos cativos de entre 5 e 16 anos do municipio, quedan suspendidas por completo dende a xornada de hoxe e, alomenos, durante os vindeiros quince días.
A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, explicou que o Concello tomou esta decisión “por responsabilidade e completamente convencido do que fai, porque o máis importante de todo é preservar a saúde da nosa veciñanza”. En calquera caso, solicitou desculpas polas posibles molestias ocasionadas por estas suspensións, pero admitíu que a comprensión é “unánime” por parte de todos os cidadáns.

 

Deja un comentario

El Tiempo en Moraña

Enlaces Destacados

Recollida Selectiva e Reciclaxe Centro de Investigación e Divulgación do Patrimonio Cultural Telefonos de Interese Plan Urbanístico Novo Plan Xeral Perfil del Contratante Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención de Drogodependencias Oficina Virtual do Oral Programa de Prevención e Redución do Abandono Escolar Plan Concellos DEPO 2018 Plan Concellos DEPO 2019 Plan Concellos DEPO 2019