Buscar...

Contratación Persoal Laboral

Compartir

COMUNICACIÓN

O Concello de Moraña, contratou 10 prazas de persoal laboral eventual, durante 10 meses, para a realización dos traballos de “MANTEMENTO DE SERVIZOS PUBLICOS, ESPACIOS NATURAIS, VIAIS E EDIFICIOS MUNICIPAIS@, cun custo total de CENTO NOVE MIL CINCOCENTOS NOVENTA euros (109.590,00), coa seguinte financiación:
Con cargo ao Plan de Concellos 2017, Liña 3.- Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2017, da Deputación Provincial de Pontevedra, por importe de 104.670,00 €.
Con cargo aos presupostos do Concello, por importe de 4.920,00 €.
e cunha xornada laboral de 37,5 horas semanais, en horario de 7:00 a 14:30 horas, e cun contrato laboral de interese social por obra ou servicio determinado, seguintes:

  • 1 praza de Peón conductor (01-03-2017 a 31-12-2017).
  • 1 praza de Peón carpinteiro (01-03-2017 a 31-12-2017)
  • 2 prazas Peón persoal de limpeza (01-03-2017 a 31-12-2017)
  • 1 praza de Peón tractorista (01-03-2017 a 31-12-2017)
  • 2 prazas de Peóns albaneis (01-03-2017 a 31-12-2017)
  • 3 prazas de Peóns obra pública (15-03-2017 a 31-12-2017)

Moraña, 16 de marzo de 2017

imgres

Accesibilidade