11:00 Horas. FESTA DA BICICLETA

A Festa da Bicicleta é unha das actividades con máis arraigamento entre os veciños e veciñas do concello e de concellos limítrofes. A Carballeira de Santa Lucía será o lugar de encontro de todas as persoas, grandes e pequenos/as, que queirades acompañarnos a dar un paseo en bicicleta. Primeiro percorreremos as rúas do núcleo urbano acompañados da Banda de Música Nova Lira de Moraña, para logo continuar visitando varios lugares do noso concello.
Haberá agasallos para todas e todos os que participades, ademais darémoslle un agasallo especial para o ou a participante de maior idade, de menor idade, para a familia máis numerosa e para a bicicleta máis chamativa.

16:00 Horas. FINAIS DO XIV TORNEO DE TENIS

Este día xogaranse as finais das distintas categorías do torneo no Pavillón Municipal dos Deportes. Os partidos, como xa vén sendo habitual, celebraranse durante as fins de semana deste mes de xullo.

23:00 Horas. VERBENA NA CARBALLEIRA DE SANTA LUCÍA

Coa actuación das orquestras:
SAMBA e MAGOS DE ESPAÑA