Hoxe comeza a fin de semana do Carneiro!! Desfrutemos todos desta festa! Hoxe temos:
0:00 HORAS. TORNEO DE BÁSQUET 3X3
Un ano máis, e con este xa van dez, dende as 10 da mañá e ata as nove da noite, o Pavillón Municipal dos Deportes volverá ser unha festa do básquet, demostrando unha vez máis que o torneo está entre os mellores de Galicia.
Contaremos coa participación de xogadores das distintas ligas profesionais españolas. Xogadores de Galicia, do resto de España, Portugal e algún americano tamén nos visitará, como en anos anteriores.
Ademais dos partidos, tamén haberá concursos de mates e triplos, concursos para o público, sorteos de roupa deportiva,….
23:00 HORAS. FESTIVAL CARNEIROCK NA CARBALLEIRA DE SANTA LUCÍA
Esta noite Moraña será o epicentro do rock, onde se darán cita ata altas horas da madrugada todas e todos os amantes deste xénero musical para poder gozar das seguintes actuacións:
ESENIA, MEDOMEDÁ,
ASTAROT E RUXE-RUXE