Archivos de Xullo, 2010

Domingo 25, día grande do Carneiro!!

LUME DE CARBALLO

Ás 07:00 horas terá lugar o prendido do lume para o asado dos Carneiros ó Espeto.

De 10:00 a 14:00 Horas. Pasarrúas e actuación da AGRUPACIÓN DE BAILE TRADICIONAL E GRUPO DE PANDERETEIRAS SEIXEBRA de Moraña (subvencionados pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra).

A animación de rúa correrá a cargo da Charanga O´SANTIAGUIÑO

14:00 Horas. ASIGNACIÓN DE LOTES

14:30 Horas. EXTRAORDINARIO XANTAR DO CARNEIRO Ó ESPETO

Sobremesa amenizada pola Charanga O´SANTIAGUIÑO. A continuación actuación do grupo folk CLAN MARAGATO.

22:00 Horas. GRAN VERBENA “FIN DE FESTAS”

Coas orquestras:

LA BÁMBOLA e MÁSTER

2 Comentarios

Programa para o Sábado!!

11:00 Horas. FESTA DA BICICLETA

A Festa da Bicicleta é unha das actividades con máis arraigamento entre os veciños e veciñas do concello e de concellos limítrofes. A Carballeira de Santa Lucía será o lugar de encontro de todas as persoas, grandes e pequenos/as, que queirades acompañarnos a dar un paseo en bicicleta. Primeiro percorreremos as rúas do núcleo urbano acompañados da Banda de Música Nova Lira de Moraña, para logo continuar visitando varios lugares do noso concello.
Haberá agasallos para todas e todos os que participades, ademais darémoslle un agasallo especial para o ou a participante de maior idade, de menor idade, para a familia máis numerosa e para a bicicleta máis chamativa.

16:00 Horas. FINAIS DO XIV TORNEO DE TENIS

Este día xogaranse as finais das distintas categorías do torneo no Pavillón Municipal dos Deportes. Os partidos, como xa vén sendo habitual, celebraranse durante as fins de semana deste mes de xullo.

23:00 Horas. VERBENA NA CARBALLEIRA DE SANTA LUCÍA

Coa actuación das orquestras:
SAMBA e MAGOS DE ESPAÑA

Comentar

Primeiro Día Grandes!! Venres do Carneiro!!

Hoxe comeza a fin de semana do Carneiro!! Desfrutemos todos desta festa! Hoxe temos:

0:00 HORAS. TORNEO DE BÁSQUET 3X3

Un ano máis, e con este xa van dez, dende as 10 da mañá e ata as nove da noite, o Pavillón Municipal dos Deportes volverá ser unha festa do básquet, demostrando unha vez máis que o torneo está entre os mellores de Galicia.
Contaremos coa participación de xogadores das distintas ligas profesionais españolas. Xogadores de Galicia, do resto de España, Portugal e algún americano tamén nos visitará, como en anos anteriores.
Ademais dos partidos, tamén haberá concursos de mates e triplos, concursos para o público, sorteos de roupa deportiva,….

23:00 HORAS. FESTIVAL CARNEIROCK NA CARBALLEIRA DE SANTA LUCÍA

Esta noite  Moraña será o epicentro do rock, onde se darán cita ata altas horas da madrugada todas e todos os amantes deste xénero musical para poder gozar das seguintes actuacións:
ESENIA, MEDOMEDÁ,
ASTAROT E RUXE-RUXE

Comentar

Campionato de Natación

Este xoves, a partir das 12 da mañán, na Piscina Municipal terá lugar o campionato de natación, nas súas diversas modalidades. A ver como foi ese adestramento… mañán veremos os resultados!!

Comentar

Actuación Circense!!

Hoxe, a partires das 20:00 horas, Tódalas nenas, nenos e demais que queiran gozar dunha actuación de malabares, equilibrios, xogos, globoflexia, etc. terán a oportunidade de facelo este día onde a diversión estará asegurada. Para gozar deste espectáculo xuntarémonos na Praza do Concello.

Comentar

Festa da Espuma e Inchables

fiesta-de-la-espumaEste martes día 20 de Xullo, ás 16 horas, a Rúa 7 de Santa Lucía será o lugar onde os cativos e cativas voltarán a gozar dun día de actividades ao aire libre, en que tres inchables e a festa da espuma serán o atractivo de todas e todos os asistentes.
Todos os pequech@s de Moraña a divertirse!!

Comentar

Festival Folclórico!

Hoxe, as 20:00 horas, a música tradicional será a principal protagonista. O grupo local de Música e Baile Tradicional Seixebra compartirá o esceario do patio traseiro da Casa de Cultura con tres grupos Galegos.
Esperamos que o desfrutedes!!

Comentar

Milla Urbana

correrLembrade que este sábado 17 de xullo terá lugar na rúa 7 de Santa Lucía a tradicional Milla Urbana. Apurade o voso adestramento!!
Contaremos coas seguintes categorías:
• De 0 a 6 anos. Masculino e feminino.
• De 7 a 9 anos. Masculino e feminino.
• De 10 a 12 anos. Masculino e feminino.
• De 13 a 15 anos. Masculino e feminino.
• De 16 a 18 anos. Masculino e feminino.
• De 19 a 39 anos. Masculino e feminino.
• De 40 a 50 anos. Masculino e feminino.
• A partires de 51 anos. Masculino e feminino.
Hai trofeos para os tres primeiros clasificad@s de cada categoría, e medallas para tod@s os participantes. Para inscribirvos o propio día da carreira na liña de meta.

Comentar

Obradoiro de Fimo

Hoxe, as 20:00 horas terá lugar o obradoiro de fino. Está destinado a persoas maiores de 15 anos é un obradoiro de fimo, e nel faranse pulseiras, colares, moedeiros, etc. Será realizado os días 13, 16 e 22 de xullo. Os 15 participantes que se inscribiron dentro do prazo, aprenderán a utilizar o fimo para realizar múltiples obxectos!

Comentar

Chegan as Cativadas!!!

Mañá martes 13, os nenos están de sorte en Moraña, coas Cativadas!!
Como en edicións anteriores, de 12:00 a 20:00 horas, os cativos e cativas maiores de 6 anos poderán participar nunha xornada cargada de actividades, xogos populares, obradoiros, sendeirismo, etc. que seguro farán a ledicia de todos e todas.

Comentar