Abrimos por segundo ano este Carneiblog, para informar a todo o público interesado da programación e actividades que se van a ir celebrando durante a celebración da XLI Festa do Carneiro ó Espeto. As actividades comezan o día 5 de Xullo e rematarán o domingo 25, coa celebración do Xantar do Carneiro ao Espeto.
Xa se atopan abertos os prazos para a reserva de lotes, así como tamén os prazos para anotarse ás actividades programadas. Para coñecer as condicións e o xeito de reservar os lotes, tédelo nesta ligazón ou na páxina Reservas deste blog.
Nesta ligazón deixámosvos o Programa da Festa, para que teñades de primeira man toda a información. Tamén a poderedes consultar a través da páxina Programación neste mesmo Carneiblog, e día a día iremos anunciando tamén as actividades que se van realizar e colgaremos imaxes e información das xa realizadas.
Agardamos os vosos comentarios e suxerencias. E todos a desfrutar deste Carneiro 2010!!