Un ano máis a Festa do Carneiro foi un éxito. Moitísimas grazas a todos aqueles que nos visitaron e desfrutaron de Moraña, agardamos velos de novo moi pronto.
E veña, a prepararse que xa queda menos para a XLIII Festa do Carneiro ao Espeto en 2012!!
Grazas a todos!!
Ago 1
Esta é a programación para o día grande da nosa festa: • Ás 07:00 horas terá lugar o prendido do lume para o asado dos Carneiros ó Espeto. • De 10:00 a 14:00 horas - PASARRÚAS E ACTUACIÓN A cargo da AGRUPACIÓN DE BAILE TRADICIONAL E GRUPO DE PANDERETEIRAS SEIXEBRA de Moraña. A animación de rúa correrá a cargo da Charanga O´SANTIAGUIÑO • 14:00 - ASIGNACIÓN DE LOTES • 14:30 - EXTRAORDINARIO XANTAR DO CARNEIRO Ó ESPETO Sobremesa amenizada pola charanga O´Santiaguiño e TOM TROVADOR. • 22:00 - GRAN VERBENA “FIN DE FESTAS” Coa actuación das orquestras: PARÍS DE NOIA e LA OCA E para que os vaiades metendo xa no ambiente festeiro, aquí vos deixamos un video do gran Tom Trovador!!
11:00 - FESTA DA BICICLETA A Festa da Bicicleta é unha das actividades con máis arraigamento entre os veciños e veciñas do concello e de concellos limítrofes. A Carballeira de Santa Lucía será o lugar de encontro de todas as persoas, grandes e pequenos/as, que queirades acompañarnos a dar un paseo en bicicleta. Primeiro percorreremos as rúas do núcleo urbano acompañados da Banda de Música Nova Lira de Moraña, para logo continuar visitando varios lugares do noso concello. Haberá agasallos para todas e todos os que participades, ademais darémoslle un agasallo especial para o ou a participante de maior idade, de menor idade, para a familia máis numerosa e para a bicicleta máis chamativa. Será obrigatorio o uso de casco. 23:00 - VERBENA NA CARBALLEIRA DE SANTA LUCÍA Coa actuación das orquestas JERUSALÉN e MANILA
Mañá empeza a fin de semana da celebración da XLII edición do Carneiro ao Espeto!! Pero a primeira hora, as 10 horas, temos todos unha cita co Torneo de Basket 3×3. Un dos torneos máis importantes de Galicia acada a súa undécima edición. Un ano máis visitarán Moraña xogadores chegados dende as catro provincias, outras comunidades e norte de Portugal. O torneo é moito máis que baloncesto: comida na Carballeira de Santa Lucía, concursos (mates e triplos), sorteo de roupa deportiva, videoxogos… E pola noite, o Festival CarneiRock na Carballeira de Santa Lucía con Jabon Blue, Miguel Costas, Ardegán e The Mirage. Para que vaiades abrindo boca, aquí vos deixamos un dos últimos temas de Costas!!
Ás 12 da mañá a Piscina Municipal será o esceario en que se levará a cabo o tradicional campionato de natación no que poderedes participar nas distintas modalidades.
E as 20 horas, na Praza do Concello, o grupo de teatro musical ANIMAR-T representará o espectáculo infantil “Laia, aprendiz de maga”
Tódalas nenas, nenos e demais que queiran gozar dunha actuación de malabares, equilibrios, xogos, globoflexia, etc. terán a oportunidade de facelo este día onde a diversión estará asegurada, grazas ó espectáculo de Roi O Cagabolas. Xuntarémonos na Praza do Concello.
Martes 26, Cativadas!!
Xul 25
Como en edicións anteriores, de 12:00 a 20:00 horas, os cativos e cativas a partir de 6 anos poderán participar nunha xornada cargada de actividades, xogos populares, obradoiros, sendeirismo, etc. que seguro farán a ledicia de todos e todas.
Para inscribirvos, podedes facelo ata o día 22 de xullo na Biblioteca. Prazas limitadas.
Luns deportivo en Moraña!
Xul 24
Mañá luns teremos dúas actividades deportivas xa clásicas durante as Festas:
Ás 16:00 serán as finais do XVI Torneo de Tenis que se foi desenvolvendo ao largo do mes de xullo.
Ás 18:00, terá lugar a Milla Urbana.
A Rúa 7 de Santa Lucía, acollerá un ano máis a tradicional Milla Urbana, na que te poderás inscribir nas seguintes categorías: de 0 a 6 anos, de 7 a 9 anos, de 10 a 12 anos, de 13 a 15 anos, de 16 a 18 anos, de 19 a 39 anos, de 40 a 50 anos e a partires de 51 anos (todas masculinas e femininas).
Lembrade que hai trofeos para os tres primeiros clasificados e clasificadas de cada categoría, e medallas para todas e todos os que participedes.
As inscricións poderedes facelas ese mesmo día na liña de meta.
Mañá día 24, teatro!!
Xul 23
Os membros da compañía Malasombra Teatro, representarán na Casa de Cultura A.D.R. Castelao, a obra O Día do Pai. Unha divertidísima comedia que de seguro non defraudará a todo o público asistente.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos e comezará ás 22:30 horas.
A música tradicional será a principal protagonista desta xornada, onde o grupo local de Música e Baile Tradicional Seixebra compartirá o escenario do patio traseiro da Casa de Cultura cos grupos Retrouxo de Cela e Lembranzas da Ría de Cangas. Poderedes desfrutalo este sábado 23 ás 20 horas