|
RESUMEN DO SEMINARIO DE XERACIÓN E MADURACIÓN DE IDEAS EMPRESARIAIS
Os pasados días 4, 11 e 25 de outubro celebrouse o Seminario de Xeración e Maduración de Ideas Empresariais organizado polo Concello de Moraña en colaboración co IGAPE-BIC Galicia. Esta actividade tivo como obxectivos xerar e madurar ideas empresariais, avaliándoas e analizando as súas posibilidades como proxecto de empresa.
O seminario desenvolveuse en tres sesións, cun marcado carácter práctico, nas que a partires de diferentes fontes, analizouse e determinouse a viabilidade das ideas de negocio que xurdiron.
Esta actividade formativa tivo un total de 15 horas lectivas e nela participaron 14 persoas, entre técnicos/as, emprendedores/as e público interesado en xeral.




|
|