Situado ao Norte da provincia de Pontevedra, o Concello de Moraña conta cunha poboación de 4.274 habitantes (2007) repartidos en nove parroquias. É tributario do río Umia e son varios os ríos que bañan este concello. A combinación do seu relevo e clima tradúcese nunha vexetación que se caracteriza por prados, bosques de eucaliptos, pinos con árbores de ribeira e unha gran cantidade de árbores autóctonas, principalmente grupos de centenarios carballos que conforman unha paisaxe de singular beleza da que gozan morañeses e morañesas, e visitantes. Nos vínculos da dereita tedes máis información de interese sobre a xeografía morañesa. |