| |
Ademais do comentado nos apartados de historia e Moraña rupestre, Moraña conta con outras paraxes e lugares para poder visitar e gozar ao aire libre. Altas montañas, lexendarias carballeiras esparexidas por todo o municipio, curso dos ríos e fermosos saltos de auga, ademais de outras alternativas, compoñen a oferta paisaxística deste concello.
AS CARBALLEIRAS
|
Carballeira de Santa Xusta: situada na parroquia de Santa Xusta, no lugar da Igrexa, posúe máis de 450 carballos que se extenden sobre unha superficie de 25.400 metros cadrados. Hai un camiño empedrado que sobe dende o lugar de Lameiro ata o lugar da Igrexa, onde hai unha planicie desde a que se pode divisar parte do concello. Posúe ademais dúas fontes e un palco de música. |
|
Carballeira de Santa Lucía: situada na parroquia de Saiáns, no lugar de Santa Lucía, concretamente a 100 m da Casa do Concello, está formada por 77 carballos. Ten unha extensión de 3.900 metros cadrados e é a carballeira onde se celebra a famosa Festa do Carneiro ó Espeto. |
|
Carballeira de Campenlos: Situada no núcleo urbano, está formada por 52 carballos e ten máis de 3.300 metros cadrados. |
| |
Carballeira da Buzaca: está situada na parroquia de San Lourenzo |
| |
Campo da Feira Vella: está situada na parroquia de Saiáns ao lado do Centro de Saúde e posúe 24 carballos. |
| |
Campo de Antón: está situada en Santa Cruz de Lamas. |
|
Campo de Lebón: está situada na parroquia de Saiáns, no lugar de Corrigatos. |
OS MUÍÑOS
|
Muiños das Laxes: situado no lugar das Laxes (Rebón), o río orixina abruptos saltos de auga que se aproveitaron para a creación de varios muíños. O acusado desnivel e as grandes rochas de granito crean unha imaxe impoñente nun contorno espectacular. |
| |
Muíños de Arxeo: no río Cornide desemboca o Arxeo, e no seu leito hai unha serie de muíños nun contorno de sorprendentes bosques de especies autóctonas |
OS MIRADOIROS
| |
O miradoiro do monte Acibal: Está situado na parroquia de Amil, na estrada que a une coa capital da provincia. Desde o mirador pódense contemplar vistas da ría de Pontevedra e a ría de Arousa. Moi preto do mirador encóntrase a zona do Pastizal, prado extenso de singular beleza, rodeado de cercas de madeira e con mesas de pedra, ideais para comidas campestres. Aquí celébrase, a mediados de xullo, a Festa da Rapa das Bestas. |
| |
O miradoiro do monte Ardegán: está situado entre a parroquia de Santa Xusta e San Martiño de Gargantáns, na estrada autonómica Caldas-Campo Lameiro. Pódense observar excelentes paisaxes do municipio e hai que destacar a importancia dos restos arqueolóxicos do lugar. |
|
O miradoiro de Cerdeiras: está situado na parroquia de S. Lourenzo, no lugar de Cerdeiras, na estrada autonómica PO-221 Caldas-Campo Lameiro. Nel poden contemplarse magníficas vistas da ría de Arousa. |

|
O miradoiro do monte Castelo: situado na parroquia de Cosoirado, nel pódense contemplar fermosas paisaxes da maior parte do municipio e tamén da beira coruñesa da ría de Arousa. |
|
|