BIBLIOTECA
Entre os servizos dos que consta a Biblioteca Pública de Moraña está principalmente o préstamo de libros. Cada socio ou socia pode levar ata un máximo de dous libros durante quince días. Para ser socio ou socia da biblioteca só é necesario facer un carné que se cubrirá aquí mesmo e para o que se necesita unha fotografía tamaño carné. Tamén pode dispor dun servizo de internet gratuíto durante hora e media para o que se require ser maior de idade ou menor pero cunha autorización dos pais, nais ou titores.
ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL
Se queres formar parte da Escola de Música tes que matricularte no Concello de Moraña (9:00-15:00 horas) e para o que necesitas cubrir esta solicitude, na que tamén aparece a documentación necesaria para levar a cabo este trámite. De igual forma che adxuntamos o impreso de domiciliación bancaria para pagar as taxas e mensualidades desta escola.
LOCAIS DO CONCELLO
Se necesitas algúns dos locais públicos dos que dispón o Concello de Moraña para realizar algunha xuntanza ou actividade podes solicitalo cubrindo este impreso.
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
Tódolas persoas que queiran realizar algún deporte ou actividade poden solicitar os pavillóns do Concello, cun horario de apertura ao público de 17:00 a 23:00 horas, mediante o seguinte impreso e que deberán entregar no Pavillón novo neste horario acompañado dunha fotocopia do D.N.I. e unha foto tamaño carné.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS
Para poder participar en calquera das actividades deportivas que oferta o Concello (patinaxe, fútbol, atletismo, aerobic) para nenos e nenas ata os 16 anos, debedes pasar polo Pavillón novo en horario de apertura ao público de 17:00 a 23:00 horas provistos dunha fotocopia do D.N.I., ou no seu defecto do Libro de Familia, e unha foto tamaño carné.
Por outra banda as persoas maiores que queiran asistir ás clases de ximnasia de mantemento tamén deberán seguir os mesmos requisitos. |