| |
Concellería de Igualdade e Benestar Social
Concelleira: Beatriz Sayáns López.
Os Servizos Sociais de Atención Primaria son un sistema público de protección social dirixido ó conxunto da población de Moraña e teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de todos os cidadáns e cidadás.
Configuran un nivel básico de actuación, que traballa de maneira directa e integral sobre un espazo poboacional e territorial reducido (Moraña) constituíndo a “porta de entrada” ó Sistema.
Están formados por unha Unidade de Traballo Social (UTS) atendida por unha Traballadora Social, cun horario de atención ó público os luns, martes e xoves de 9.00 a 13.00 horas. Dedicando os mércores e venres a xestións e visitas domiciliarias.
Entre os programas básicos de actuación dos Servizos Sociais de Atención Primaria destacan a información, orientación, asesoramento e tramitación, a Axuda no Fogar e Apoio á Unidade de Convivencia, a Prevención e Inserción Social, así como o Aloxamento Alternativo.
• Programas Municipais
• Recursos por Áreas de Actuación
• Enlaces de Interese
• Actividades actuais
|
|