Cabecera
Menú
   
 
  Moraña Rupestre > Xacementos > Petroglifos
         
Petroglifo

Petroglifo

Moraña non é unha excepción na súa contorna, coma outros concellos do arco atlántico, e ten mostras desta arte rupestre tan autóctona de Galicia. Dende as primeiras descricións feitas polo mestre de Laxe, D. Carlos Paratcha, hai máis de 40 anos, e polos arqueólogos do Museo de Pontevedra, temos constancia de abundantes localizacións, con moi variada temática na súas formas. Hai que dicir que os incendios e os elementos meteorolóxicos foron facendo mella en moitos deles, polo que o seu estado de conservación non é o desexado. A súa temática e deseño é variada, e destacan pola súa abundancia os motivos de círculos concéntricos con ou sen radio. Espirais, debuxos xeométricos combinados con fosetas e punteados, ou algúns con formas de cadros de xogo son outros dos deseños que podemos atopar. Os máis chamativos son os que presentan figuras de cuadrúpedes, con cabalos ou cérvidos e nalgúns dos casos con varias figuras en ringleira e nun deles un cabalo cun disco unido á cola. As localizacións máis numerosas están no monte Ardegán. Un grupo importante, o chamado Chan de deus atópase na parte norte deste monte, moi preto do lugar de Conles. Seguindo unha pista forestal que sobe polo monte atopamos o Outeiro das Pías, e máis ao sur, xa no cumio do monte os dous grupos Do Cotaredo. Na caída do monte cara a Soar podemos atopar o chamado pai fillo nai, nome que recibe polo seu deseño parecido ao do popular xogo. E na caída do monte cara a Longás atopamos ata catro ou cinco localizacións coas mostras máis interesantes. Hai que mencionar o petróglifo das veigas da Lapa, cuxo interese máis que o seu deseño está por atoparse nun radio de 300 m. xunto co menhir, unha mámoa e mailo castro de Paraños.

 

LOCALIZACIÓN PRECISA POR COORDENADAS

  • PETRÓGLIFOS DE ARDEGÁN( S. Martiño de Gargantáns, monte Ardegán)

GA36031034                   GA36031035                            GA36031036
Lonxitude: 8º 34´17´´      Lonxitude: 8º 34´12´´       Lonxitude: 8º 34´09´´
Latitude:  42º 34´14´´      Latitude:  42º 34´10´´       Latitude:  42º 34´17´´
Altitude: 305 m.s.n.m.    Altitude: 310 m.s.n.m.      Altitude: 332 m.s.n.m

Compóñeno 9 grupos de petróglifos datados entre 1800-1500 a.c. e están situados na aba do monte homónimo. Algúns deles pouco común polo seu raro trazado, combinan figuras xeométricas (círculos concéntricos) con figuras de animais que ben puideran ser cervos pertencentes á fauna dos arredores.

  • PETRÓGLIFO DO DEITADEIRO (S. Martiño de Laxe)

Parece ser máis antigo, está datado en 1900-1450 a.C. e presenta figuras de animais.              

  • PETRÓGLIFO DE GARGANTÁNS(S. Martiño de Gargantáns)

GA36031033
Lonxitude: 8º 34´53´´
Latitude:  42º 34´24´´
Altitude: 218 m.s.n.m.

  • PETRÓGLIFO DE COTAREDO (Longás - Santa Xusta)

GA36031028                                               GA36031029 
Lonxitude: 8º 34´02´´                                 Lonxitude: 8º 33´59´´
Latitude:  42º 34´23´´                                 Latitude:  42º 34´22´´
Altitude: 4360 m.s.n.m.                              Altitude: 380 m.s.n.m.

  • PETRÓGLIFO DE CHAN DE DEUS (Conles - Santa Xusta)

GA36031031
Lonxitude: 8º 33´25´´
Latitude: 42º 34´32´´
Altitude: 285 m.s.n.m.

 

   
   
 
Concello
 
Historia
Moraña Rupestre
Moraña Rupestre
Moraña Rupestre
Vida Cultural
Deporte
Festas
Turismo  
Trámites
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Rúa 1, nº2 • C.P. 36660 • Moraña (PONTEVEDRA) • Tel. 986 553 005 • E-mail: morana@concellos.depontevedra.es