| |
|
| |
| |
Vida Cultural > Instalacións |
| |
|
|
|
|
|
C.P.I. SANTA LUCÍA: En 1972 créase o Centro Nacional Comarcal de Santa Lucía, hoxe o C.P.I Santa Lucía, e conta cunha nave central (onde se sitúan o comedor, os distintos departamentos da E.S.O e a sala de gardas) que ten adosadas dúas ás de tres flancos cada unha, nas que se atopan as aulas de ensino primario e secundario. Anos máis tarde engadíronselle dous edificios máis: o edificio de ensino infantil que conta con dous andares, o primeiro reservado para os alumnos de tres anos; e outro máis actual onde se encontran a aula de informática, o taller de tecnoloxía, a aula de música, a aula de debuxo, a biblioteca, unha sala de profesores, o departamento de orientación e as oficinas administrativas (secretaría, xefatura de estudos e dirección). No contorno do colexio encóntranse ademais destas edificacións, as pistas deportivas e os pavillóns polideportivos onde se desenvolven as clases de educación física e as distintas actividades deportivas. En canto á oferta educativa o centro dispón de: ensino infantil (3-6 anos), ensino primario (6-12 anos), ensino secundario obrigatorio (12-16 anos) ademais do programa de garantía social. Algúns dos servizos dos que conta o colexio son comedor e transporte gratuíto. |
| |
ESCOLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL: Tamén existen no concello tres escolas de educación infantil, a de Amil, a de San Lourenzo e a de Lamas que achegan o ensino infantil ao alumnado que vive máis afastado do Centro Escolar. Estas escolas contribúen a aumentar o número de matrículas no ensino infantil. |
|
CASA DA CULTURA A.D. RODRÍGUEZ CASTELAO: Na rúa 3 do núcleo urbano está situada a Casa da Cultura A.D.R. Castelao, inaugurada en 2000 e antigo cuartel da Garda Civil. Este local componse de dúas plantas: unha primeira, na que se encontra un gran vestíbulo, o Local Social da Terceira Idade, e a biblioteca; e unha segunda, onde están unha enorme sala para exposicións, a Sala-Auditorio, cunha capacidade para 120 persoas, unha aula de ordenadores, onde se pode acceder a internet gratuítamente, unha aula de estudo, e demais aulas onde se imparten cursos, conferencias e clases de música. |
|
CENTRO DE INVESTIGACIÓN E DIVULGACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL DE MORAÑA: Por último, o Concello de Moraña conta cun Centro de Interpretación do Patrimonio situado na antiga escola de Santa Xusta no lugar da Igrexa, actualmente en construción.
|
|
|
|