Cabecera
Menú
   
 
  Saúdo do Alcalde
 
 
   

Dende esta ventá que me permiten as novas tecnoloxías quero de antemán darlles a benvida a tódalas persoas que visiten esta páxina web e convidalos a coñecer de preto o Concello de Moraña.

A nosa paisaxe, caracterizada polas súas lexendarias carballeiras esparexidas por todo o municipio, muíños e miradoiros; o patrimonio artístico, do que destacan as igrexas, capelas, ermidas, cruceiros e pazos; as famosas e concorridas romarías, como a dos Milagres de Amil ou a Romaría de Santa Xusta, que a tantos devotos e devotas achegan á nosa terra; e as festas, especialmente as gastronómicas, das que hai que salientar a Festa do Carneiro ó Espeto, por ser de interese turístico galego. Todo isto converte a Moraña nun lugar excelente para visitar e coñecer a fondo.

Con esta páxina web poñemos á súa disposición, por unha banda, a posibilidade de informarlles de tódalas novas acontecidas no pobo e facilitar os servizos dos que dispón o concello, e por outra, abrirlle esta fiestra a todos e todas os que desexen coñecer este pobo cheo de historia, cultura e tradición.

Benvidos e benvidas ao Concello de Moraña

Un saúdo

JOSE AMADOR EIRAS PAZ
Alcalde-Presidente do Concello de Moraña

 

 

 

 

 
 
Concello
 
Saudo
Corporacion
Axenda
Bandos
Tramites y Servicios
contratacion
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Rúa 1, nº2 • C.P. 36660 • Moraña (PONTEVEDRA) • Tel. 986 553 005 • E-mail: morana@concellos.depontevedra.es