Moraña conta cunha Escola de Fútbol onde aprenden a xogar a este deporte a categoría de prebenxamíns, que integran a nenos e nenas de idades comprendidas entre 6 e 10 anos. Ademais desta escola está o Moraña C.F, que engloba as categorías de Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil; o Equipo Senior Moraña C.F, recén ascendido a Segunda Rexional; e un Equipo de Fútbol-Sala Feminino. Por último, o concello tamén conta cun Equipo de Veteranos. |