Cabecera
Menú
   
  Moraña Rupestre > Xacementos > Castros
   

Castro de Santa Cruz de Lamas

Castro de Rebón

Castro do Monte Castelo


A Moraña pre-romana xa contaba cun bo número de poboados castrexos que dende a súa posición privilexiada dominaban o val e permitían a defensa aos seus moradores.
Un dos máis antigos pode ser o monte Castelo, na parroquia de Cosoirado, moi preto de S. Antoniño do Monte, en Campo Lameiro. Habitados en épocas máis tardías, o Castro de Rebón, cun trazado fermoso e unha muralla artificial ao sur, faino recoñecible ao lonxe. O Castro de Paraños ou “Monte da Mena”, chamado así pola existencia dunha cova subterránea, e unha pedra chamada Pena da Auga onde se conservaba a auga todo o ano, conta cunha importante extensión e forma conxunto co menhir A Lapa, unha mámoa e máis lonxe uns petróglifos.
O Castro de Santa Cruz de Lamas, no lugar da Igrexa, conta cun camiño de entrada, a chamada Corredoira do Castro e nel atopáronse diversos restos de cerámica, tegulas e un muíño de man. Na mesma parroquia, no lugar do Silvoso, está o Castro de Cernadas, de pequeno tamaño e desdebuxado pola vexetación.
Na Laxe, encóntrase o Castro de Querguizo, por riba deste lugar. E xa por último, cabe mencionar emprazamentos de pequeno tamaño coma Castriño, na Amil, ou o da Chan que perderon a feitura polos traballos de asentamento posterior.

 
Concello
 
Historia
Moraña Rupestre
Moraña Rupestre
Moraña Rupestre
Vida Cultural
Deporte
Festas
Turismo  
Trámites
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Rúa 1, nº2 • C.P. 36660 • Moraña (PONTEVEDRA) • Tel. 986 553 005 • E-mail: morana@concellos.depontevedra.es