Moraña posúe unhas ricas e antigas raíces, e unha das súas manifestacións é toda unha serie de construcións salpicadas por todo o municipio ao longo de miles de anos utilizando a pedra como principal materia prima. Coa romanización tamén chegou a cristianización destas terras e dos pobos que os habitaban, e froito diso foi a proliferación de templos, capelas e ermidas, e construcións civís, como pazos e casonas brasonadas, testemuños da residencia de familias nobres posuidoras de grandes propiedades na zona.

