IX XUNTANZA DA 3ª IDADE

O sábado 27 de setembro o Concello de Moraña celebrou a IX Xuntanza da 3ª Idade cunha masiva afluencia de comensais, concretamente 568. Unha xornada repleta de actividades na que os nosos e nosas maiores foron os principais protagonistas.
Ás 11:30 da mañá a tirada de fogos e o pasarrúas polas rúas de Santa Lucía anunciaron a festa, que seguiría cos xogos populares como os trompos, a petanca, a carreira de uvas, etc a carón do pavillón de deportes, co obxectivo de lembrar os xogos tradicionais de antano. Ás 13:00 horas celebrouse a misa no Pavillón Municipal dos Deportes e a continuación, a posterior actuación da Agrupación Seixebra. Ás 14:00 horas comezou o tradicional xantar, amenizado polo Dúo Colores, e ao seu remate fíxose entrega dun agasallo a cada un dos comensais e dous agasallos especiais para o señor e a señora de máis idade.

Para rematar a xornada, ás 18:00 horas comezou a carón da Carballeira de Santa Lucía o Certame de Bandas, que este ano conformaron a Banda de Música Bellas Artes de Cangas, a Banda de Música Municipal de Valga e a Banda de Música Nova Lira de Moraña. Un espectacular fin de festa para unha xornada de confraternidade cargada de reencontros e ledicia.

Aquí podedes ver algunhas imaxes desta celebración: