A actuación de Mofa e Befa terá lugar o venres 30 de Xullo.
Este venres, todos os veciños e veciñas de Moraña poderán desfrutar da actuación que o dúo humorístico Mofa e Befa tivo que aplazar no seu día pola convalecencia dun dos seus compoñentes.
Agardámosvos a todos na Casa de Cultura A.D.R. Castelao ás 22:00 horas.
• Curso de cociña saudable.
A actividade terá lugar o longo do mes de abril, concretamente os días 7,8 e 9 de abril de 17.30 a 19.30 da tarde na Casa de Cultura A.D.R. Castelao de Moraña.
Para a participación no mesmo é imprescindible inscrición previa na Casa de Cultura ou no teléfono 986552809 en horariode 10.00 a 13.00 e 16.00 a 21.00 horas
As actividades que vai levar a cabo o Concello para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero son as seguintes:
Os días 23, 24, 25, 26, 27 de novembro colocarase un panel na rúa para elaborar entre todos e todas un mural no que se plasmarán as reflexións sobre o tema da Violencia de Xénero.
O día 18 de novembro realizarase no Colexio C.P.I Santa Lucía un obradoiro de 2 horas de duración sobre “Educando en Igualdade” dirixido o alumnado de 3º e 4º de Secundaria.
O día 25 de novembro realizarase na Casa da Cultura A.D.R Castelao unha xornada sobre “Educar en Igualdade: Base da Prevención da Violencia de Xénero” a partires das 20:00 horas, dirixido a poboación en xeral.